INICIO

INICIO

O PROXECTO SENIORPLUS

Seguindo a liña desenrolada no proxecto Senalergal, no proxecto de investigación Seniorplus no que participa Bioselección, traballamos na investigación de novos alimentos de alto valor engadido e de calidade diferenciada, pensados para sectores de poboación con requerimentos especiais, como persoas adultas e/ou con alerxias e intolerancias alimentarias.

No marco deste proxecto e empregando tecnoloxías novidosas coma a nanotecnoloxía ou ensaios de inhibición enzimática, o persoal de I+D de Bioselección traballou no desenvolvemento dunha serie de bebidas vexetais con base de castaña, así coma postres vexetais e outras elaboración coma resultado do aproveitamento do subproducto obtido da bebida. 

Probas bebida de castaña e subproductos

Este logro acadado durante os anos 2016 e principios do 2017, abriu a porta a novas formulación activas nas que se estivo a traballar durante o 2017, terminando no 2018 cos estudios precisos para dotar a estes produtos dunha vida útil para a súa comercialización, sempre partindo de ingredientes 100% naturais e ecolóxicos, sen aditivos sintéticos.

Para levar a cabo esta investigación, mantemos una estreita colaboración coa Universidade da Coruña. Gracias ao grupo de investigación subcontratado, cos estudios previos no ano 2016, ó longo do ano 2017, elaboramos unha bebida vexetal de castaña con carácter antioxidante, presentando unha comunicación en formato póster durante o XXIII Encontro Galego Portugués de Química, co título “Determinación de la capacidad antioxidante en una bebida vegetal a base de castaña”.

Comunicación formato póster presentada no XXIII Encontro Galego Portugués de Química

 

Ademais, durante a durabilidade do proxecto, leváronse a cabo diferentes charlas de difusión onde se trataron temas como o alcance do proxecto ou os antioxidantes na alimentación, sempre acompañadas de catas para a avaliación do produto.

Catas realizadas durante o desenvolvemento do proxecto