2022 |
|
|
Esta empresa foi beneficiaria dunhaaxuda Re-acciona. |
|
|
2021 |
2016-2018 |
PROXECTO PROGRAMA RE-ACCIONA -OPTIMIZACIÓN DE LA PRODUCCIÓNY DE LA CADENA LOGÍSTICA |
O PROXECTO SENIORPLUS |
![]() |
![]() |
PROXECTO PROGRAMA RE-ACCIONA - OPTIMIZACIÓN DE LA PRODUCCIÓN Y DE LA CADENA LOGÍSTICA
O PROXECTO SENIORPLUS
Seguindo a liña desenvolta no proxecto Senalergal, no proxecto de investigación Seniorplus no que participa Bioselección, traballamos na investigación de novos alimentos de alto valor engadido e de calidade diferenciada, pensados para sectores de poboación con requerimentos especiais, coma persoas adultas e/ou con alerxias e intolerancias alimentarias.
No marco deste proxecto e empregando tecnoloxías novidosas coma a nanotecnoloxía ou ensaios de inhibición enzimática, o persoal de I+D de Bioselección traballou no desenvolvemento dunha serie de bebidas vexetais con base de castaña, así coma postres vexetais e outras elaboración coma resultado do aproveitamento do subproducto obtido da bebida.
Probas bebida de castaña e subproductos
Este logro acadado durante os anos 2016 e principios do 2017, abriu a porta a novas formulación activas nas que se estivo a traballar durante o 2017, terminando no 2018 cos estudios precisos para dotar a estes produtos dunha vida útil para a súa comercialización, sempre partindo de ingredientes 100% naturais e ecolóxicos, sen aditivos sintéticos.
Para levar a cabo esta investigación, mantemos unha estreita colaboración coa Universidade da Coruña. Gracias ao grupo de investigación subcontratado, cos estudios previos no ano 2016, ó longo do ano 2017, elaboramos unha bebida vexetal de castaña con carácter antioxidante, presentando unha comunicación en formato póster durante o XXIII Encontro Galego Portugués de Química, co título “Determinación de la capacidad antioxidante en una bebida vegetal a base de castaña”.
Comunicación formato póster presentada no XXIII Encontro Galego Portugués de Química
Ademais, durante a durabilidade do proxecto, leváronse a cabo diferentes charlas de difusión onde se trataron temas como o alcance do proxecto ou os antioxidantes na alimentación, sempre acompañadas de catas para a avaliación do produto.
Catas realizadas durante o desenvolvemento do proxecto
Ao peche do proxecto a finais do ano 2018 e principios do 2019, gracias ao asesoramento de Simbiosis S. Coop. Galega no estudo de mercado e á Universidade da Coruña, acadáronse os obxetivos propostos. Desenrolouse unha bebida vexetal de castaña con capacidade antiinflamatoria e antioxidante, equivalente a unha pastilla de indometazona (antiinflamatorio non esteroideo), a cal pode ser engadida na dieta diaria para facilitar e mellorar as condicóns de vida. Tamén se levaron a cabo outros produtos secundarios coma as sobremesas vexetais, os chocolates e bombóns de castaña e a pastelería industrial, xa coñecida entre os nosos clientes.
Produtos desenrolados durante o proxecto SENIORPLUS
Se queres ver todo o proceso durante estos case tres anos, preme aquí para máis información.
O PROXECTO SENALERGAL
O principal obxectivo do proxecto Senalergal, foi o desenvolvemento de produtos alimenticios de calidade diferenciada, 100% naturais e elaborados con materias primas innovadoras, orientados a sectores da poboación con certas alerxias e intolerancias alimenticias.
Ao comezo do proxecto, estudouse a incorporación de materias primas naturais coma alternativa ás convencionais, para a elaboración de produtos de panadería e repostería, sempre dende o marco ecolóxico, así coma o comportamento e a estabilidade destes produtos durante as etapas de cocción.
Materias primas naturais estudadas: (A) arbusto e froitos de mirta, (B) arbusto de quinoa, (C) árbore de baobab e (D) microalga espirulina.
Estes ensaios leváronse a cabo enteramente en Bioselección, centrándose na elaboración de produtos de panadería e repostería, utilizando as materias primas seleccionadas. Todos os ingredientes e mesturas ensaiados, resultaron positivos para os produtos ecolóxicos manufacturados, dando lugar a novos produtos de panadería e repostería distintos ós existentes no mercado, cunha calidade organoléptica excelente e aportando valor engadido debido ás características propias de cada ingrediente.
Correlativa a esta, levouse a cabo unha segunda actividade que consistiu na avaliación de diferentes extractos vexetais con actividade antioxidante de orixe natural, co obxectivo de mellorar a conservabilidade dos produtos de repostería, evitando a rancidez das graxas e polo tanto, o aumento a súa vida útil. Este punto levouse a cabo en colaboración coa a Universidade da Coruña, co grupo de polímero do Centro de Investigación Tecnolóxicas do campus de Ferrol.
A última liña de actuación consistiu na elaboración de novas formulación de xeados ecolóxicos, sen compostos alerxénicos, empregando materias primas proporcionadas polos outros socios do consorcio. Para a elaboración do xeado, Bioselección contou coa colaboración de Biofactory, empresa participante no proxecto.
Xeado de Kiwi
Gracias a este proxecto, en Bioselección, adecuamos as instalación as nosas necesidades, podendo establecer a nosa propia liña de galletas de ecolóxicas.